Atraer e potenciar novos investimentos nacionais e internacionais.
Fomento da innovación, internacionalización e competitividade.
Simplificación dos procedementos administrativos necesarios para a implantación.
3.Requisitos
Serán declaradas como proxectos industriais estratéxicos aquelas iniciativas que cumpran polo menos dous dos seguintes requisitos (*):
Volume de investimento mínimo de 20 millóns de euros.
Creación de emprego mínimo de 100 postos de traballo directos, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa.
Que complementen cadeas de valor ou que pertenzan a sectores considerados estratéxicos e estean aliñados cos obxectivos da Unión Europea ou que se integren no financiamento “instrumento temporal de recuperación europea Next Generation EU”.
(*) Coa excepción dos proxectos eólicos regulados na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia.
4.Efectos
Carácter prioritario da tramitación por parte da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos procedementos necesarios para a implantación do proxecto.
Concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario.
Non suxeición aos títulos habilitantes urbanísticos de competencia municipal.
Declaración de utilidade pública e de interese social para os efectos expropiatorios. Necesidade e urxencia da ocupación dos bens e dos dereitos afectados.
Declaración de incidencia supramunicipal e declaración de urxencia ou de excepcional interese público.
Declaración de prevalencia sobre outras utilidades públicas.
Adxudicación directa de solo empresarial promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Posible concesión de subvencións sen concorrencia competitiva.
Imposición ou a ampliación de servidume de paso para as vías de acceso, as liñas de transporte e distribución de enerxía.
As súas determinacións terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre o plan urbanístico vixente, que deberá adaptarse a elas.