
Oficina Doing Business
A Oficina Doing Business Galicia naceu co obxectivo de facilitar ás persoas emprendedoras a implantación e funcionamento dos seus proxectos empresariais. Neste obxectivo, e co propósito de continuar mellorando a regulación económica na nosa comunidade, a través de medidas concretas que favorezan a actividade empresarial, desde a Oficina Doing Business Galicia poñemos á túa disposición unha canle de comunicación electrónica a través da que podes achegarnos as túas propostas e suxestións.
“A través da Oficina Doing Business Galicia, os emprendedores poden propoñer melloras na regulación económica dirixidas a eliminar trabas, duplicidades ou restricións innecesarias”
PROPOSTAS PARA A MELLORA DA REGULACIÓN ECONÓMICA
No camiño cara a unha Administración máis eficaz, eficiente e próxima á cidadanía, colabora con nós para conseguir unha regulación máis sinxela e transparente, que non xere cargas innecesarias para as persoas emprendedoras e as empresas.
COMUNICACIÓN DE OBSTÁCULO E BARREIRA Á ACTIVIDADE EMPRESARIAL
Axúdanos a identificar os obstáculos e barreiras que estean a dificultar a tramitación administrativa relacionada co teu proxecto, de maneira que se poidan propoñer, a prol da simplificación e claridade dos procedementos, as modificacións regulatorias necesarias para eliminar os requisitos innecesarios, as duplicidades ou trabas de que se trate.