Inicio
Iniciativas empresariais
Listado iniciativas aprobadas

Iniciativas empresariais

Ata o momento, o Consello da Xunta ten declaradas as seguintes iniciativas empresariais prioritarias:

  • Construción dunha nova planta produtiva en PLISAN, promovida por Hijos de Carlos Albo, S.L.U.
  • Construción dun campus tecnolóxico, promovido por Aluminios Cortizo, S.A.U.
  • Instalación de torre de secado e liña de butter-oil, promovida por Oviganic Ibérica, S.L.
  • Ampliación da industria conserveira en Ribeira, promovida por Ignacio González Montes, S.A.
  • Construción dunha nova planta de compostaxe en Vilanova de Arousa, promovida por Sogama, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección en rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valoración de residuos orgánicos en Lamabranca-Lugo,  promovida por Bioenergía Lugo, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano en Sarreaus-Ourense, promovida por Bioenergía Ourense, S.L.
  • Ampliación e melloras tecnolóxicas en industria cárnica, promovida por Novafrigsa, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biogás para a obtención de biometano líquido, promovida por Agroamb Prodalt, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta ecosaludable con accesibilidade universal para a elaboración de produtos panificados de nova xeración, promovida por Hornos de Lamastelle, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de procesamento de hidróxeno verde e o seu transportador amoníaco verde, con terminal para o seu almacenamento e expedición, denominado Proxecto Ahmon, promovido por Armonía Green Galicia, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de elaboración de café de nova xeración, promovido por Cafés Candelas, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de metanol verde a partires de captura de CO2, denominado Proxecto Triskelion, promovido por Forestal del Atlántico, S.A. (Declarado como proxecto industrial estratéxico)
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de biometano para inxección á rede, en esquema de economía circular a través da xestión e valorización de residuos orgánicos en A Laracha-A Coruña, promovido por Bioenergía A Coruña, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de valoración de material de rechazo en As Somozas–A Coruña, promovido por Valogreene Recinor, S.L.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Caldas de Reis-Pontevedra, denominado Proxecto Green Umia, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno renovable con captura de CO2 e síntese de metanol verde en Begonte-Lugo, denominado Proxecto Green Meiga, promovido por Iberdrola Clientes, S.A.
  • Desenvolvemento dunha planta de produción de hidróxeno verde en Meirama, promovido por Naturgy Nuevas Energías, S.L.U.
  • Desenvolvemento dunha planta de fabricación de inxectables en Monforte de Lemos, promovido por Kern Pharma, S.L.
  • Instalación dunha fábrica multimolde en Vilalba (Lugo), promovido por Queserías Entrepinares, S.A.U.