Inicio
Iniciativas empresariais
Iniciativas empresariais prioritarias

Iniciativas empresariais prioritarias

1. Regulación

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

  • Estímulo da actividade económica, atraendo novas iniciativas empresariais e facilitando os investimentos.
  • Impulso de proxectos que xeren un valor engadido en áreas de innovación, internacionalización e competitividade.
  • Simplificación dos procedementos administrativos necesarios para a implantación.

Poderán ser declaradas como iniciativas empresariais prioritarias aquelas que cumpran, polo menos, dous dos seguintes requisitos:

  • Que supoñan un volume de investimento mínimo en activos fixos, excluídos os inmobiliarios, de 1 millón de euros, incluídos aqueles proxectos de xeración eléctrica a partir de fontes renovables nos que o destino final da
    enerxía eléctrica producida sexa o abastecemento da industria galega.
  • Que supoñan a creación de emprego mínimo de 25 postos de traballo directos, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa, non sendo de aplicación para os proxectos eólicos regulados na Lei 8/2009, do 22 de decembro. (*)
  • Instrumentos de mobilización, recuperación, posta en produción e aproveitamento sustentable de terras agrarias e forestais, así como plans ou actuacións integrais de desenvolvemento rural.
  • Que complementen cadeas de valor ou que pertenzan a sectores considerados estratéxicos ou que se integren no financiamento instrumento temporal de recuperación europea Next Generation EU.

(*) Os proxectos eólicos regulados na Lei 8/2009, do 22 de decembro, que non estean asociados ao autoconsumo industrial poderán ser considerados como iniciativas empresariais prioritarias se xustifican un compromiso industrial asociado á implantación do proxecto eólico que supoña a creación ou consolidación dun volume mínimo de 25 postos de traballo directos en Galicia, baixo a modalidade de contrato indefinido e computados a xornada completa, así como aqueles proxectos que xustificasen a totalidade dos compromisos industriais derivados da Orde do 29 de marzo de 2010, ou aqueles proxectos que supoñan un volume de investimento superior a 20 millóns de euros, sempre que conten cun permiso de acceso e conexión firme e vixente e que conten con infraestruturas de evacuación autorizadas ou executadas e en funcionamento que permitan a vertedura á rede de transporte ou distribución da enerxía eléctrica xerada.

As persoas interesadas que presenten proxectos que cumpran estes requisitos, poderán solicitar por medios electrónicos a súa declaración como iniciativa empresarial prioritaria.

Solicitar declaración como Iniciativa empresarial prioritaria

  • Carácter prioritario á realización dos trámites competencia da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Concorrencia de razóns de interese público para os efectos da tramitación de urxencia dos procedementos. Os prazos establecidos para o procedemento ordinario reduciranse á metade.
  • A Oficina Doing Business realizará o seguimento e impulso dos trámites administrativos necesarios para a súa implantación.