Inicio
Apoios públicos
Detalle procedemento
Convocatoria 2023plazo pechadoPrazo pechado:  01/06/2023 - 15/09/2023
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

TR802R - ES-Transforma.

PARA QUE É A AXUDA/SUBVENCIÓN

Este programa ten como finalidade apoiar á creación de cooperativas ou sociedades laborais, por ser un modelo económico que xera emprego estable e de calidade, unha maior vinculación co territorio e unha mellora no benestar social, nos seguintes supostos:
- No caso de ausencia de remuda xeracional, cando as persoas desempregadas que traballaban nunha sociedade que non ten remuda xeracional por xubilación ou crise económica e constitúan unha cooperativa ou unha sociedade laboral;
- Fomentar a unión en cooperativa ou sociedade laboral de persoas autónomas con experiencia que acadarían así unha maior seguridade, fortaleza económica e financeira, ademáis de incrementar a súa carteira de clientes e mellorar a súa solvencia.
- Fomentar que as persoas traballadoras que decidan asumir a titularidade da empresa na que traballan a través dunha destas fórmulas de economía social, achegando á xestión da mesma o seu coñecemento especializado na actividade económica , o que permitirá facela máis sustentable no tempo.
- Fomentar que todo tipo de sociedades se transformen en cooperativa ou SSLL por tratarse dun modelo de negocio máis sustentable no tempo, resiliente, solidario e cunha organización democrática, onde a prioridade son as persoas e os obxectivos sociais.

Consellería
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Órgano responsable
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
A onde acudir

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

San Lázaro, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544784

Email: economiasocial.emprego@xunta.gal

Código do procedemento
TR802R

QUEN PODE SOLICITALA?

As sociedades laborais ou cooperativas.

QUE PRAZO HAI PARA FACELO?

Prazo de presentación

PECHADO

01/06/2023 - 15/09/2023

1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no Diario Oficial de Galicia  e na páxina web da Consellería.

As subvencións
máis actuais

19/04/2024 - 20/05/2024
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
17/04/2024 - 16/08/2024
Presidencia da Xunta de Galicia
10/04/2024 - 30/09/2024
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade