Inicio
Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

Concellos emprendedores

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron en outubro de 2017 un protocolo de colaboración para a creación da iniciativa Concellos Doing Business Galicia. Para adherirse a esta iniciativa, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras as seguintes vantaxes:

  • Máis incentivos fiscais: bonificacións de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.
  • Máis simplificación administrativa: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñan da documentación completa e de todos os informes sectoriais preceptivos.
  • Máis facilidades de acceso a solo industrial: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

Para favorecer esta iniciativa, a Xunta de Galicia establecerá unha discriminación positiva a favor dos concellos emprendedores nas ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20% do total.

“Esta iniciativa ten como obxectivo contribuír á captación de investimentos para a nosa comunidade”

Quero atopar un concello
no que emprender

153 concellos emprendedores

Realiza a túa busca:
Buscador de Concellos para emprender